A estrela dos polisóns (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego)

Luís Rei Núñez · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Perú

Reseña del libro

recaredo rey, o torreiro soñador e único habitante da illa bocana, recolle nunha praia a amaro mengoti, un rapaz de trece anos de familia acomodada que naufragou na gamela barandoñas cando saíu a pescar ao facho con minguiños, o seu amigo de beluxo. amaro aprenderá deste fareiro astrónomo e panteísta, de espírito robinsoniano e tocado polo mal da melancolía, a identificar no firmamento liberia, a estrela que guiará coma un calabrote invisible a sorte deste rapaz. recaredo e amaro, tecidos polas puntadas que a amizade dá no corazón, unirán as súas vidas ao mar; fuxidos da policía e polisóns no cargueiro “la negrita” en rota cara guinea, compartirán con pilotos e mariñeiros, personalidades esculpidas en mármore, os perigos do mar, un magma en permanente facerse e desfacerse que está a marxe da carreira da vida e da existencia.“a estrela dos polisóns”, a volta narrativa de luís rei núñez, despois de “expediente artieda”, premio xerais de novela 2000, é unha novela de iniciación e memoria que reconstrúe con fidelidade e emoción un ano de vida dun rapaz no seu salto á adolescencia, toda unha aprendizaxe do desencanto.unha grande historia de amizade, mar e aventuras que a converten nunha novela das de sempre.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes