cepillo e outros contos (en Gallego)

pere calders · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Perú

Reseña del libro

o libro contén cinco relatos cunha característica común: en todos eles haí unha visión absurda dalgún aspecto da sociedade actual, tratado sempre con ironía e humor. cepillo , conta a historia dun neno a quen seus país deixan sen o can que tiña. entón, o neno decide verte-lo seu afecto con algún obxecto do fogar. decídese por un vello cepillo que atopa no faio. pola noite déitase con el e descobre que o cepillo se transformou nun can cheo de vida. os país rin del, non llo cren, ata que un ladrón entra na casa e conseguen librarse gracias ó can-cepillo, que se lanza sobre el trabándoo nunha perna.o segundo relato é a árbore doméstica . o protagonista descobre abraiado que na sala da súa casa medrou, da noite para a mañá, unha grande árbore. vai á policia, pero alí convénceno de que debe facer como que non pasa nada. o espírito guía é o terceiro relato. o protagonista recibe a visita dun fantasma que o avisa de que un tren vai descarrilar. el trata de da-lo aviso para evita-lo accidente, pero atópase cos atrancos burocráticos e desiste. a hedrera helix : o protagonista merca unha estraña planta rubideira, para agasallar unha amiga. pero a planta medra con moita rapidez e durante o traxecto á casa, a planta dá en medrar e medrar, rodeándolle o corpo. frouxidade de carácter é o relato que pecha o libro. unha noite, o narrador descobre que hai un ladrón roubando na súa casa. póñense a falar, e o ladrón cóntalle que el se viu na obriga de dedicarse a iso se quería chegar a ser algo na vida, xa que sendo bo todos facían burla del.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes