Fantasmas de luz (Galego)

Agustín Fernández Paz · Edicións Xerais

Ver Precio
Envío a todo Perú

Reseña del libro

Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. Dun xeito progresivo, os seus corpos comezan a se volver transparentes, invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor.Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade.Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón».Premio AELG ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil, 2012 - Premio da Critica Galicia de Creación Literaria, 2012

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes