Martín Codax e os xograres do mar de Vigo (en Gallego)

Xosé Ramón Pena · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Perú

Reseña del libro

A literatura trobadoresca galego-portuguesa constitúe un dos tesouros que conforman o mellor legado da historia do noso país. Unha herdanza e unha crónica, ademais, que permanecen absolutamente vivas, na medida en que un bo número daqueles textos que compuxeron trobadores e xograres dá cumprida noticia de episodios, temáticas e lugares –velaí a ría de Vigo, a illa de San Simón…– que forman parte do noso devir cotián. Redactado con rigor e amenidade," Martín Codax e os xograres do mar de Vigo" artéllase así como unha ferramenta especialmente axeitada para viaxarmos cara a aquela xeira en que os poetas de noso souberon compoñer cantares de amor, de amigo e tamén de burlas e ironías que seguen propiciando a atención máis activa. Cantigas e versos que non caducan.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes