semblanzas, crónicas e artigos é a compilación dunha parte fundamental dos artigos de prensa de celso emilio ferreiro: deliciosos textos que o autor publicou no faro de vigo ao longo de trinta anos; unha parte baixo o epígrafe de . son páxinas cargadas de tenrura e de ironía que ferreiro quixo publicar en forma de libro pero nunca puido; agora, por primeira vez, ven a luz na súa totalidade. o libro tamén recolle un novidoso conxunto de crónicas sorprendentes sobre o camiño portugués, ademais de artigos en que celso emilio revela claves da súa vida e da súa obra e nos achega aos seus lugares, á literatura, á política e á sociedade do seu tempo, e tamén á gastronomía, á cartomancia, etc. unha edición prologada e disposta polo profesor e crítico literario ramón nicolás, un dos maiores especialistas na obra do autor celanovés, tamén responsable da súa poesía galega completa.