Tres Mulleres Galegas De Armas Tomar: María Balteira, María Castaña, María Soliña (en Gallego)

Felicia Domínguez Touriño Guillermina Estévez Salazar · Baía Edicións A Coruña. S.L.

Ver Precio
Envío a todo Perú

Reseña del libro

Guillermina Domínguez, historiadora, e Felicia Estévez, filóloga, actualizan un traballo que tivo xa un gran percorrido e que obedece a unha demanda tanto nos centros de ensino, como nos focos de investigación do papel das mulleres na historia e da súa visualización na sociedade actual. O seu obxectivo non é facer unha profunda investigación, senón só ?que non é pouco? transmitir o pulo que mulleres como as que son o eixo da publicación lle deron á mesma historia, o que loitaron, o que sufriron por seren mulleres. A obra, estruturada en tres partes, comeza cada unha delas cunha reflexión sobre a vida das mulleres no tempo que a cada unha das protagonistas lles tocou vivir: o século XIII para María Balteira, o XIV para María Castaña e o paso do XVI ao XVII para María Soliña. As autoras empregan como fontes, ademais de bibliografía, documentos históricos que consultan en arquivos ou cantigas medievais, contrastando a interpretación que estas fontes ofrecen sobre as tres Marías coa súa propia, tendente a desbotar os mitos que a ideoloxía patriarcal creou sobre as tres protagonistas... como sobre outras tantas mulleres.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes