Reseña del libro "Berrogüetto: O pulso da terra (Reportaxe) (en Gallego)"
o 1 de xullo de 1995 unha nova formación, de estraño nome e son irresistible, abarrotaba a compostelá praza da quintana, tras apenas un parde meses de ensaio: berrogüetto. o pulso da terra é a primeira biografía da banda, posiblemente, máis relevante que deu a música de raíz tradicional galega durante estas dúas últimas décadas. a partir das confesións dos membros presentes e pasados do hoxe septeto, pero tamén de numerosos colaboradores, o libro reconstrúe unha historia de éxitos e incertezas, recoñecementos internacionais, ambicións e temores, personalidades complementarias, crises e reinvencións, compromisos estéticose ousadías, como a autoxestión ou a democracia asemblearia. o libro, con abundantes fotografías inéditas, inclúe o dvd do concerto que berrogüetto ofreceu o 13 de novembro de 2010 no auditorio de galicia, con motivo da presentación do seu álbum kosmogonías, así como o cd coa banda sonora daquela histórica velada.a primeira biografía de berrogüetto, xunto cun concerto en directo en cd e dvd -