Compartir
Atl (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego)
Manuel Lourenzo González
(Autor)
·
Xerais
· Tapa Blanda
Atl (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego) - Manuel Lourenzo González
Libro Nuevo
Importado
Envío: 9 a 13 días háb.
S/ 252,38S/ 113,57
Libro UsadoBuen Estado
Importado
Envío: 10 a 14 días háb.
S/ 70,38
Costos de importación incluídos en el precio ✅
Reseña del libro "Atl (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego)"
Atlántida. Atlantis. Atl. O continente perdido. Moito se ten falado desta terra lendaria sen que aínda hoxe se conseguise demostrar a súa existencia. mais tampouco a súa falsidade. Diríase que os humanos precisamos coma do aire de espazos que desafían o rigor da razón para situarmos neles as nosas arelas máis íntimas. as nosas imaxinacións. tamén as nosas perplexidades. Atl propón un novo achegamento ao asunto da Atlántida desde o eido da creación literaria. mais un achegamento iluminado coas luces converxentes da historia e o mito. a ciencia e a intuición. a crónica e a fábula. A través do retrato dunha sociedade posíbel. no que se lle outorga un forte protagonismo á política. ao desenvolvemento tecnolóxico. ao pensamento e ás rutinas da vida cotiá. e que vén ser unha proxección inevitábel do mundo coñecido. asistimos a un demorado relato de tensións e intrigas que artellan unha explicación non de todo inverosímil dos acontecementos que levaron ao seu tráxico final. Cun certo alento de fondo épico e unha vaga intención exemplarizante nunha novela clásica de acción. Atl aborda asemade unha revisión dos elementos máis comúns da ficción científica. dándolles un novo sentido e xuntándoos nunha mesma trama asombrosamente coherente. Situado nalgún mar do noso interior máis profundo e nun tempo que pode ser calquera. velaí Atl. o continente perdido. esa historia que sempre volve.
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
El libro está escrito en Gallego.
La encuadernación de esta edición es Tapa Blanda.
✓ Producto agregado correctamente al carro, Ir a Pagar.