Reseña del libro "sabor a ti (en Gallego)"
sabor a ti ten dentro unha literatura suxestiva e agradable [...], que se le con gusto porque todos nós, algunha vez, fomos serios e escribimos cartas de amor. (x. m. enríquez, diario 16 de galicia, vigo). a novela lese dun tirón, sobre todo has partes dialogadas. son diálogos vívos, cheos de humor, críbeis.[...] ela é unha madame bovary de provincia galega. unha madame bovary que nunca se atreveu, que chegou virxe ao matrimonio, que non sabe se ama ou non ao seu home. (xgg, a nosa terra, vigo). xogos de apariencias, liñas paralelas de sentido inverso e unha inexorable mirada cínica sobre a sociedade actual é o que define a este narrador de palabras doces. (silvia gaspar, la voz de galicia, a coruña) suárez abel vai ao gran e non se corta á hora de contar frustracións, complexos de culpa e progresos sentmentais. unha historia esta, que soa a balada ou bolero. (vicente araguas, o correo galego).
é sabor a ti unha historia de amor que agroma á altura dos corenta anos, pero é tamén unha historia da insatisfacción, do cotián, do doméstico, do desencanto definitivo. (cibrán marco, el ideal gallego, a coruña).